Montañas cilíndricas en Venus

atetecorona_magellan_1080Créditos da imaxe: Magellan Spacecraft Team, USGS, NASA
Explicación: que podería facer que se erguesen enormes montañas cilíndricas na superficie de Venus? Estes accidentes xeográficos que ocorren sobre Venus son coñecidos coma coroas. Na fotografía no primeiro plano está a coroa Atete con 500 quilómetros de anchura que se atopa na rexión de Venus denominada o Galindo. A imaxe publicada creouse coa combinación de múltiples mapas de radar da zonapara formar unha perspectiva tridimensional xerada por ordenador. A serie de rectángulos escuros que atravesan a imaxe deste o cumio ata o fondo foron creados polo procedemento de fotografado e non son reais. A orixe das enormes coroas segue a ser materia de investigación aínda que se especula que resultarían do vulcanismo. O estudo das coroas venusianas axudan aos científicos a comprender mellor a estrutura interna tanto de Venus como da Terra.