Curiosity: rodas sobre Marte

Curiosity: rodas sobre Marte
Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSSMAHLIExplicación: podería ter habido vida algunha vez sobre Marte? Para axudar a averigualo, a humanidade fixo aterrar o todoterreo Curiosity sobre Marte o pasado agosto. Para asegurarse que o explorador do tamaño dun coche sobreviviría á viaxe interplanetaria e á espectacular aterraxe intacto, a fotografía superior e outras tiráronse para botarlle unha ollada ao, por riba e por baixo do Curiosity. Na fotografía superior desta estraña vista están tres das seis rodas do Curiosity, cada unha de medio metro aproximadamente de diámetro. Nos últimos meses, o Curiosity estivo a explorar os arredores dunha zona alcumada Baía Yellowknife. As análises dos datos tomados polas cámaras do Curiosity e os laboratorios a bordo proporcionaron novas e fortes evidencias de que Marte podería ter sustentado vida noutrora. Ao lonxe está parte da pendente do pico central do interior do cráter Gale que o Curiosity ten programado tentar rubir; o Monte Sharp.

Texto orixinal no APOD.