Chorros desde o cometa Churyumov-Gerasimenko

Chorros desde o cometa Churyumov-GerasimenkoCréditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team; MPS/UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA
Explicación: de onde proveñen as colas dos cometas? Aínda que é do común coñecemento que as colas e comas dun cometa teñen a súa orixe nos núcleos do cometa, o que acontece exactamente é aínda un tema activo de investigación. Unhas das mellores imaxes ata o de agora de chorros emerxendo aparece na fotografía amosada, tirada a finais de novembro pola sonda espacial automática Rosetta en órbita ao redor do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko (Cometa CG) e publicada o mes pasado. A imaxe sobreexposta amoxa columnas de gas e po que fuxen por numerosos lugares do núcleo do cometa CG mentres se achega ao Sol e quece. Aínda que o cometa CG está actualmente máis afastado do Sol ca Marte, a súa órbita chegará a ser case tan próxima como a Terra o vindeiro agosto, momento no que se agarda un incremento na súa actividade de emisión por un factor de máis ou menos 100. É probable que vexas algúns restos do núcleo cometario antes pero doutro xeito; cando os anacos do tamaño da area rematen a súa viaxe ao través do Sistema Solar impactanto na atmosfera da Terra coma meteoros.

Case no hiperespazo: xerador aleatorio de APOD (en inglés)