No centro da galaxia espiral NGC 5033

ngc5033_hubbleschmidt_960Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, MAST Procesado: Judy Schmidt
Explicación: que está a acontecer no centro da espiral NGC 5033? Moitas couss; algunhas circulares, algunhas enerxética e algunhas non comprendidas aínda de todo. NGC 5033 coñécese coma unha galaxia Seyfert pola gran actividade observada no seu núcleo. As estrelas brillantes, o po, escuro mailo gas interstelar xiran todos rapidamente ao redor do centro galáctico que semella lixeiramente descentrado cun burato negro supermasivo. Cóidase que este descentrado é o resultado da fusión de NGC 5033 con outra galaxia nalgún intre do pasado milleiro de millóns de anos. A imaxe publicada foi tirada polo telescopio espacial Hubble en 2005. NGC 5033 abarca uns 100.000 anos luz e está tan afastada que vemos só como existía hai uns 40 millóns de anos.