Créditos da imaxe: NASA, ESA e a Hubble Heritage (STScI / AURA)- ESA / Hubble CollaborationExplicación: agás polos aneis
de Saturno, a
Nebulosa do Anel (M57) probablemente é o aro celeste máis famoso. Aínda que se sabe que a súa aparencia clásica é debida á nosa propia perspectiva.
O cartografado recente da
estrutura en 3-D da nebulosa en
expansión baseada en parte
nesta imaxe do Hubble tan clara, indica que a nebulosa é un anel con forma de donut relativamente denso envolvendo ao centro dunha nube de gas brillante con forma de balón de rugby. A visión desde o planeta Terra apunta cara abaixo ao longo do eixo do balón, de cara ao anel. Naturalmente, neste exemplo ben estudiado dunha
nebulosa planetaria, o material brillante
non provén de planetas. Ao contrario, a envoltura gasosa representa as capas exteriores expulsada pola moribunda,
noutrora estrela de tipo solar, agora unha pequena alfinetada de luz que se ve no centro da nebulosa. A intensa luz ultravioleta proveniente da estrela central quente
ioniza os átomos do gas. Na imaxe, a cor azul do centro é helio ionizado, a cor cian no anel interior é o brillo do hidróxeno e osíxeno e a cor avermellada do anel externo é do nitróxeno e o xofre. A Nebulosa do Anel ten máis ou menos un ano luz de diámetro e está a 2.000 anos luz de distancia.
Texto orixinal no APOD.