NGC 253: o poeirento universo illa


Créditos da imaxe e copyright: Stefano Cancelli, Paul Mortfield
Explicación: a coruscante NGC 253 é unha das galaxias espirais máis brillantes visibles, e tamén unha das máis poeirentas. É chamada por algúns como a galaxia do Dólar de Prata pola súa aparencia en telescopios pequenos, ou só a galaxia Escultor pola súa ubicación nos límites da constelación meridional Sculptor. O poeirento universo illa, descuberto en 1783 pola matemática e astrónoma Caroline Herschel, está a só 10 millóns de anos luz de distancia. Cuns 70 milleiros de anos luz de diámetro, NGC 253 é o membro máis grande do Grupo de Galaxias Escultor, o máis achegado ao noso propio Grupo Local de Galaxias. En adición aos seus corredores espirais de po, os gaviáns de po semellan estar a se erguer desde un disco galáctico amalloado con cúmulos de estrelas mozas e recións de formación estelar nesta definida imaxe en cor. O gran contido de po acompaña a unha formación estelar frenética, facendo que NGC 253 se gañe a designación de galaxia de estoupido estelar. NGC 253 tamén é coñecida por ser unha potente fonte de raios X de alta enerxía e raios gamma, probablemente debido a buratos negros masivos preto do centro da galaxia. Dáte unha volta polo espazo extragaláctico neste corto vídeo que sobrevoa NGC 253.