A saída de Orión

A saída de OriónCréditos da imaxe: NASA, ISS Expedition 40, Reid Wiseman
Explicación: o cinto de Orión discorre ao longo do horizonte, visto ao través da atmosfera da Terra e erguéndose nesta instantánea estrelada desde a órbita baixa terrestre ao bordo da Estación Espacial Internacional. As estrelas do cinto, Alnitak, Alnilam e Mintaka, van da dereita á esquerda e a espada de Orión, fogar da gran Nebulosa de Orión, pendura por riba do seu cinto, unha orientación pouco familar para os habitantes do hemisferio norte do planeta. Iso coloca á estrela brillante Rigel, no pé de Orión, máis alta do cinto de Orión. Por suposto, a almenara máis brillante do ceo no recadro é Sirius, a estrela alfa da constelación Canis Major. O módulo Destiny Laboratory da estación está no primeiro plano, na parte superior dereita.