Créditos da imaxe e copyright: SSRO-South (Steve Mazlin, Jack Harvey, Daniel Verschatse, Rick Gilbert) e Kevin Ivarsen (PROMPT / CTIO / UNC)Explicación: cal é a
galaxia activa máis achegada ao planeta Terra? Debería ser
Centaurus A, a so 11 millóns de anos luz de distancia. Estendéndose uns 60.000 anos luz, a peculiar galaxia elíptica tamén é coñecida
coma NGC 5128. Forxada nunha
colisión doutras dúas galaxias normais, Centaurus A é un fantástico barullo de cúmulos de estrelas novas e azuis, rexións de formación estelar rosadas e imponentes corredores de po escuro poden verse aquí nun abraiante detalle.
O colorido retrato da galaxia captouse baiso os claros ceos chilenos no Observatorio Inter-americano de
Cerro Tololo. Preto do
centro da galaxia, restos cósmicos están a ser consumidos continuamente por un burato negro central con mil millóns de veces a masa do Sol. Como noutras galaxias activas, ese proceso probablemente xere a
enerxía de raios gamma, raios X e radio irradiada de
Centaurus A.
Texto orixinal no APOD.