Unha derradeira aterraxe para a lanzadeira espacial Endeavour

Créditos: NASA, Bill Ingalls

Explicación: o transbordador espacial Endeavour está na casa para ficar. Nunha estraña aterraxe a pasada semana, o Endeavour planeou sobre unha pista de Cabo Canaveral (FloridaE.U.A) completando unha misión de 16 días que incluíu unha visita á Estación Espacial Internacional (ISS). Tendo todo en conta, a lanzadeira espacial Endeavour voou 25 veces desde que se despregou pola NASA en 1992, pasando un total de 299 días no espazo. A vindeira misión do Endeavour será estática, no Centro de Ciencia de California. Incluso mentres o Endeavour aterraba, o transbordador espacial Atlantis estaba a ser despregado para preparar a última misión das lanzadeiras espaciais, unha misión actualmente programada para que sexa o 8 de xullo.

Texto orixinal no APOD.