Arcos de cor sobre Bos Aires

SolarArcs_Montufar_960Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)
Explicación: que son eses arcos de cor no ceo? Coma os arcos da vella que son provocados pola chuvia, os arcos de luz solar rota nas súas cores compoñentes tamén poden acontecer cando os cristais de xeo que flotan na atmosfera da Terra actúan xuntos coma un prisma xigante. O arco de cor do cumio é máis normal formando parte do halo de 22 graos que arrodea ao Sol canto os cristais de xeo hexagonal producen a refracción da luz solar entre dúas das súas seis facianas. Aínda que máis estraño é o arco de cor de abaixo. Chamado ás veces arco da vella de fogo, este arco circumhorizontal tamén é creado polo xeo, non polo lume nin sequera a chuvia. Aquí, unha serie de cristais planos de xeo, horizontais e finos, das nubes cirro máis altas refractan a luz solar entre as facianas superior e inferior cara o observador. Estes arcos só acontecen canto o Sol está máis alto ca 58 graos sobre o horizonte. O ceo que se amosa mira ao noroeste da primeira hora da tarde do mes pasado sobre a rúa Diagonal da cidade de La Plata, Buenos Aires (Arxentina).