Perlas de Baily preto da totalidade dunha eclipse solar

Créditos da imaxe e copyright: Leonid Durman

Explicación: ás veces, xusto antes de que o Sol se apague, sucede algo estrano. A medida que a Lúa móvese para cubrir completamente o Sol nun eclipse total de Sol, como o  que terá lugar sobre algunhas partes de Australia o vindeiro martes, aparecen unas pérolas de luz solar ao redor do brodo da Lúa. Este efecto, coñecido como pérolas de Baily, así chamadas despois de que Francis Baily chamou a atención sobre o fenómeno en 1836. O número e brillo das pérolas de Baily soían ser impredecible, pero hoxe en día a Lúa está tan ben cartografada que poden predecirse certas características xerais. Cando domina unha pérola chámase efecto de anel de diamante, e soe aparecer preto da totalidade. A imaxe de enriba, e comprimida horizontalmente, mostra unha serie de imaxes coas pérolas de Baily que ás veces rodeaban a eclipse solar total de 2008 visible dende Novosibirsk, Russia. Cara o final da totalidade, cando o Sol xorde tras da Lúa, as pérolas de Baily poden ser visibles de novo, pero entón no outro lado da Lúa.

Texto orixinal no APOD.