Unha eclipse solar desde a Lúa

Eclipse solar desde a LúaCréditos do vídeo: NASA, Surveyor 3; Agradecementos: R. D. Sampson (ECSU)
Explicación: algunha vez se viu unha eclipse solar desde a Lúa? Si, o primeiro en 1967; pero pode pasar de novo a vindeira semana. A misión automática Surveyor 3 tirou milleiros de imaxes de televisión en gran angular da Terra en 1967, das cales unhas poucas captaron á Terra movéndose por diante do Sol. Varias destas imaxes recuperáronse dos arquivos da NASA e recompiláronse no vídeo-secuencia superior. Aínda que as imaxes teñen moito gran, a óllase claramenta a atmosfera da Terra sendo refractada pola luz solar ao seu redor e amosábase un efecto de adoas cando algunhas das rutas eran bloqueadas polas nubes. Dous anos máis tarde, en 1969, a tripulación da Apollo 12 viu de primeira man unha eclipse diferente do Sol pola Terra pasando por tras da Lúa. En 2009,a  nave espacial automática Kaguya do Xapón tirou imaxes de máis alta resolución dunha eclipse semellante mentres estaba a orbitar á Lúa. Porén, a vindeira semana, a misión Chang’e 3 de China, que inclúe ao seu todoterreo Yutu, podería ser testemuña dunha nova eclipse total do Sol pola Terra desde a superficie da Lúa. Simultaneamente, desde a órbita lunar, a misión LADEE da NASA tamén podería captar o estraño evento do 15 de abril. Seguramente será visible outro ángulo deste mesmo evento para a poboación da Terra; unha eclipse lunar total.