Eclipse da lúa das colleitas

mooneclipsesequence-2783-2833-netclaro1024Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro (TWAN, Dark Sky Alqueva)
Explicación: unha lúa das colleitas érguese sobre o castelo de Sesimbra ao sur de Lisboa nesta serie impresionante de exposicións con teleobxectivo. A Lúa dourada, capturada na súa fase chea, flúe pola sombra máis externa e difusa da Terra durante a eclipse lunar penumbral de setembro. A tonalidade da eclipse é sutil comparada cunha eclipse total lunar. Con todo, a sombra penumbral escurece o limbo superior da Lúa, a cor pálida esváese mentre a Lúa rube polo ceo nocturno de Portugal. Neste vídeo secuencia da eclipse o efecto da luz solar maila sombra terrestre sobre a Lúa destacan ao mesmo tempo que a cor da luz e a sombra so longo das paredes alumeadas do castelo.