Gaia: aquí chega o Sol



Créditos da ilustración: Galaxy Illustration: Nick Risinger (skysurvey.org), datos de estrelas: Gaia Mission, ESA, Antoni Sagristà Sellés (U. Heidelberg) et al.

Explicación: que che parecería voltar a casa desde a nosa galaxia? Aínda que deseñada para respostar a gandes preguntas, os datos recentes da misión automática Gaia da ESA están a axudar a proporcionar unha perspectiva moderna única do lugar da humanidade no Universo. Gaia orbita ao Sol preto da Terra e resolve as posicións das estrelas de xeito tan preciso que pode determinar un troco lixeiro desde o seu lugar privilexiado durante o paso dun ano, un cambio que proporcionalmente é máis pequeno para as estrelas máis afastadas; puidendo por tanto determinar distancias. Na primeira secuencia do vídeo, amósase unha ilustración da Vía Láctea que axiña se resolve nunha visualización tridimensional dos datos estelares de Gaia. Unhas poucas estrelas importantes están etiquetadas cos seus nomes comúns, mentres que outras estrelas están etiquetadas con números do catálogo de Gaia. Finalmente, o espectador chega á nosa estrela fogar Sol (o Sol), resolvéndose entón o brillo reflectido do seu terceiro planeta: a Terra. O vídeo publicado baséase xusto nunhas 600.000 estrelas, pero Gaia vai polo camiño de medir as distancias por paralaxe ata oun milleiro de millón de estrelas durante a misión planificada de cinco anos.