Deslizamento de terra no asteroide Vesta

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS, DLR, IDA

Explicación: o asteroide Vesta é o fogar dalgún dos precipicios máis impresionantes do sistema solar. Ilustrado enriba preto do centro da imaxe hai un profundo precipicio con unha caída de 20 kilómetros dende o alto ata o fondo. A imaxe foi tomada pola sonda espacial robotizada Dawn que comenzou a orbitar a rocha espacial de 500 kilómetros ao principio do pasado ano. A fotografía do acantilado e os seus arredores indican que nesa inclinación ocorren enormes derrubamentos. Descoñécese a orixe do acantilado, pero partes do precipicio teñen que ser tan antigas como varios dos cráteres que aparecen nel dende que se creou. Dawn está agora finalizando o seu cartografado de gran altitude e fará unha espiral descendente cara unha órbita máis baixa para explorar mellor o campo gravitacional do asteroide. Dawn está programado para escapar en 2012 de Vesta e comenzar una travesía cara o único obxecto coñecido do cinturón de asteroides aínda máis grande: Ceres.

Texto orixinal no APOD.