Cúmulo aberto NGC 290: un xoieiro estelar

ngc290: un xoieiro estelarCréditos da imaxe: ESA e NASA; Agradecementos: E. Olszewski (U. Arizona)
Explicación: as xoias non brillan deste xeito; só as estrelas o fan. Coma alfaias nun xoieiro, aínda que as estrelas do cúmulo aberto NGC 290 relocen nunha fermosa representación de brillo e cor. O fotoxénico cúmulo, fotografado enriba, captouse recentemente polo Telescopio Espacial Hubble en órbita. Os cúmulos abertos de estrelas son máis novos, conteñen menos estrelas e conteñen unha fracción máis alta de estrelas azuis cós cúmulos globulares de estrelas. NGC 290 atópase a uns 200.000 anos luz de distancia nunha galaxia veciña chamada a Pequena Nube de Magallanes (SMC). O cúmulo aberto contén centos de estrelas e abarca uns 65 anos luz de tamaño. NGC 290 e outros cúmulos abertos son bos laboratorios para o estudo da evolución de estrelas de diferentes masas, xa que todas as estrelas dos cúmulos abertos naceron aproximadamente ao mesmo tempo.