M46 & M47: cúmulo estelar vello e novo

Créditos da imaxe e copyright: Sergio Eguivar (Buenos Aires Skies)

Explicación: nos cúmulos fórmanse moitas estrelas. Os cúmulos estelares abertos ou galácticos son enxames de estrelas brillantes relativamente xoves que naceron xuntas preto do plano da nosa galaxia Vía Láctea. Separados preto dun grao no ceo, dous fermosos exemplos son M46 (enriba á esquerda) a 5.400 anos luz de distancia e M47 (abaixo á dereita) a só 1.600 anos luz cara a mariñeira constelación de Puppis. Con ao redor de 300 millóns de anos de mocidade, M46 contén uns cantos centenares de estrelas nunha rexión que abrangue uns 30 anos luz. Cunha idade de 80 millóns de anos, M47 é un cúmulo máis pequeno e feble con preto de 50 estrelas que ocupan 10 anos luz. Pero este retrato da mocidade estelar contén tamén un antigo intruso. A pequena e colorida mancha de gas brillante en M46 é realmente a nebulosa planetaria NGC 2438, a derradeira fase na vida dunha estrela como o Sol de miles de millóns de anos. Estímase que NGC 2438 se atopa a 3.000 anos luz de distancia, o que probablemente o faga parecer un obxecto en primeiro plano e, só por casualidade, aparecer na liña de visión de M46.

Texto orixinal no APOD.