
Créditos: NASA, JPL-Caltech, ASUExplicación: esta definida imaxe da camara
Thermal Emission Imaging System (
Sistema de Fotografado de Emisión Térmica) a bordo do orbitador da NASA Mars Odyssey está centrada no cráter Gale, de 154 quilómetros (96 millas) de ancho, preto do ecuador marciano.
No interior de Gale, érguese uns 5 quilómetros (3 millas) unha impresionante montaña estratificada sobre o solo do cráter. Pénsase que as capas e estruturas preto da súa base se formaron nos tempos antigos por sedimentos transportados por auga. De feito,
unha mancha preto do lateral norte do cráter ao pé da montaña
acaba de ser escollida como obxectivo da misión do
Mars Science Laboratory. Co lanzamento programado a finais deste ano, a próxima
misión visitante aterrará en Marte chegada desde o planeta Terra en agosto de 2012, arriando o
todoterreo Curiosity do tamaño dun coche na superficie marciana cunha
grúa elevada e ancorada propulsada con cohetes. Os instrumentos científicos do Curiosity
están destinados a descubrir se unha vez Gale tivo as condicions medioambientais favorables para manter vida microbiana e para preservar as pistas sobre a vida que algunha vez existixe sobre
o Planeta Vermello.