
Créditos da imaxe: Mars Exploration Rover Mission, Cornell, JPL, NASAExplicación: que nos pode dicir o terreo actual do interior e dos arredores do gran cráter Eneavor sobre o antigo Marte? Hai tres anos,
NASA enviou un robot do tamaño dunha
mesiña denominado
Opportunity a unha misión rodante ao través de
Meridiani Planum do planeta vermello para averigualo. A pasada semana, chegou ao fin. O amplo
cráter Endeavour esténdese 22 quilómetros de beira a beira, sendo así o cráter máis grande nunca antes visitado por un Mars Exploration Rover (MER – Todoterreo de Exploración Marciana). Hai a hipótese de que o
impacto que creou o cráter expuso rocha primitiva que posiblemente se formou baixo condicións húmidas e, se foi así, esta rocha pode dar pistas únicas do
pasado augacento de Marte.
Fotografado arriba, o bordo oeste de
Endeavour asoma xusto por diante da sonda Opportunity. O
Opportunity ben pode pasar o resto da súa vida operativa explorando o Endeavour,
realizando imaxes,
xirando as súas rodas e
furando rochas interesantes.
Texto orixinal no APOD.