Anel de diamantes nun ceo anubrado


Créditos da imaxe e copyright: Ashley Marando
Explicación: mentres a sombra da Lúa varría os EUA o 21 de agosto, os cazadores de eclipses no estreito camiño da totalidade foron agasallados cun anel de diamentes no ceo. Ao comezo e ao final da totalidade, o fermoso e fuxidío efecto produce a miúdo murmurios audibles dunha audiencia abraiada. Ocorre xusto antes ou despois da aparición da feble coroa solar cun breve anel de refulxencia e luz do Sol. Nesta escena do remate da totalidade no centro de Carolina do Sur, as nubes vagaban polo ceo preto do anel de diamantes do Sol.