Créditos da imaxe e copyright: Stephen MudgeExplicación: a pasada semana
Mercurio paseaba lonxe ao oeste do Sol. Mentres o
planeta máis interior do sistema solar se achegaba á súa máxima elongación ou o maior ángulo desde o Sol (desta volta uns 27 graos) uníuselle un
vello crecente luar. A conxunción foi unha engaiolante
imaxe para os madrugadores de primeira hora do hemisferio meridional. Alí, a parella ergueuse xunta nos ceos anteriores ao mencer, escalando algo por riba do horizonte ao longo dun
plano da eclíptica inclinado considerablemente. Esta secuencia ben composta capta a Lúa e Mercurio ascendendo por riba das luces da cidade de
Brisbane en Queensland, Australia. Unha morea de imaxes dixitais, consiste nunha exposición feita cada 3 minutos comezando ás 4:15 a.m. hora local do 19 de abril. A traxectoria de Mercurio está no extremo dereito, afastado do traxecto da Lúa por uns 8 graos.
Texto orixinal no APOD.