
Créditos da imaxe e copyright: Ole C. Salomonsen (Arctic Light Photo) Expliación: era o Samaín e o ceo semellaba ser un animal. Que tipo de animal exactamente, o
astrofotógrafo non estaba certo pero (
posiblemente poidas suxerir alún). O que era certo e o que provocó esta
aparición pantasmal de 2013: unha das mellores
exhibicións de auroras de anos recentes. Esta
aurora espectacular tivo un grado de
detalle estrañamente alto. Na
fotografía, as
cores vivas de auroras verde e púrpura son provocadas polos
osíxeno e o
nitróxeno da atmosfera alta reaccionando nun estoupido de
electróns entrantes. Os
bidueiros de
Tromsø (
Noruega), formaban tamén un
primeiro plano espectral. Hai pouco, novas
auroras fotoxénicas acompañaron a novas
tormentas xeomagnéticas.