O cometa ISON desde o STEREO

O cometa ISON desde o STEREO
Créditos da imaxe: Karl Battams, NASA, STEREO, CIOC
Explicación: aínda intacto, o 21 de novembro o Cometa ISON (C/2012 S1) varría por dentro desde animado campo de vista (esquerda) tomado poal cámara HI-1 na sonda espacial STEREO-A. A cámara tamén capturou ao cometa periódico Encke, Mercurio e a Terra, co Sol recortado do recadro á dereira, fonte do vento solar ondulante. Desde a perspectiva do STEREO no espazo interplanetario, o planeta Terra é realmente o máis afastado do grupo, visto na súa órbita máis alá do Sol. Mercurio é o máis achegado, pero ámbolos dous planetas aínda son abondo brillantes para crear liñas verticais no detector da cámara. Os dous cometas amosan claramente colas sustanciais, pero ISON é o máis achegado á cámara e continuará a moverse máis rapidamente polo campo. As cámaras das sondas espaciais STEREO e SOHO serán quen de sequir ao Cometa ISON mentres cae cara o seu máximo encontro co Sol o 28 de novembro, incluso mentres o ISON se fai máis diícil de ver nos brillantes ceos do solpor do planeta Terra.