A magnífica cola do Cometa McNaught

A magnífica cola do cometa mcnaughtCréditos da imaxe e copyright: Robert H. McNaught
Explicación: ao Cometa McNaught, o gran cometa de 2007, medroulle espectacularmente unha cola longa e filamentaria. A magnífica cola espallábase polo ceo e foi visible durante varios días para os olladores do Hemisferio Sur xusto despois do solpor. A abraiante cola amosaba a súa extensión máis grande en exposicións de cámaras de longa duración e gran angular. Durante un tempo, para a propia cola podíase estimar que chegaba a un brillo máximo de magnitude -5 (menos cinco) captado polo descubridor do cometa na imaxe superior xusto tralo solpor en xaneiro de 2007 desde o Observatorio Siding Spring de Australia. O cometa McNaught, o cometa máis brillante en décadas, atenuouse entón mentres se movía máis cara os ceos meridionais e se afastaba do Sol e a Terra. Nas vindeiras dúas semanas de 2013 ao Cometa ISON, que está a aumentar de brillo rapidamente, podería abrollarlle unha cola que rivalice incluso co Cometa McNaught.

Texto orixinal no APOD.