Outra cola no cometa Garradd

Créditos da imaxe e copyright: Olivier Sedan (Observatorio Sirene)

Explicación: o notable cometa Garradd (C2009/P1) pasou xa a ser coñecido polas súas dúas colas. Dende o punto de vista dos observadores terrestres as colas óllanse en lados opostos da súa verdecente coma. Olladas aquí nunha vista telescópica, o recoñecible camiño de poeira ábrese como un abano cara a dereita, seguindo ao núcleo do cometa na súa órbita. Tamén pódese ollar, fluíndo en dirección ao Sol e varrendo para a esquerda, a familiar cola azulada de ións. Pero no cometa tamén semella agromar, polo menos de xeito temporal, unha segunda cola, gravada nesta imaxe do 24 de febreiro. Outros xeradores de imaxes capturaron recentemente cambios nas estruturas da cola de ións de Garradd, que se producen cando o plasma é sacudido polos campos magnéticos do vento solar. Movéndose agora máis rápidamente nos ceos do norte, o 5 de marzo o cometa Garradd acadará ou seu maior acercamento ao planeta Terra: uns 10,5 minutos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.