A roda da fortuna


Créditos da imaxe: ESANASA

Explicación: Bde casualidade, unha colisión entre dúas galaxias creou unha forma a escala cósmica recoñecible de xeito abraiante: “a galaxia Roda de Carro”.  A Roda de Carro é parte dun grupo de galaxias a uns 500 millóns de anos luz de distancia na constelación Sculptor. Poden verse á dereita dúas galaxias máis pequenas. O bordo da galaxia Roda de Carro é unha estrutura inmensa con forma de anel con 150 000 anos luz de diámetro composto por estrelas formadas recentemente, extremadamente brillantes e masiva. Cando as galaxias colisionan pasan unha ao través doutra, as súas estrelas individuais raramente entran en contacto. Porén, os campos gravitacionais das galaxias se ven moi distorsionados pola colisión. De feito, a forma de anel é o resultado da rachadura gravitacional provocada por unha pequena galaxia intrusa que pasa atravesa unha máis grande, comprimindo o gas e o po interestelares e creando unha onda de formación estelar que se despraza desde o punto de impacto coma unha onda pola superficie dunha poza. Neste caso pode ser que a galaxia grande tivera unha forma espiral, non diferente da nosa propia Vía Láctea, transformada nes forma de roda pola colisión. Pero… que lle pasou á pequena galaxia intrusa?