A proxenie de Phaethon


Créditos da imaxe e copyright: Mikiya Sato (Sociedade Nipona de Meteoros)
Explicación: baseado na súa órbita ben pedida, 3200 Phaethon recoñécese coma a orixe da corrente de meteoroides responsable da chuvia de meteoros das xemínidas. Aínda que a maioría dos responsables da chuvias de meteoros son cometas, 3200 Phaethon é un asteroide coñecido e cunha traxectoria moi próxima á Terra cun periodo orbital de 1,4 anos. Rochoso e torrado polo sol, o seu perihelio ou máximo achegamento ao Sol está moi dentro da órbita do planeta máis interno, Mercurio. Neste campo de vista telescópico, o rápido movemento do asteroide contra as febles estrelas do fondo de Perseus deixa un ronsel curto durante os dous minutos de tempo total de exposición. Pero as raias paralelas dos seus fillos meteóriocs móvense moito máis axiña pola escena. O retrato de familia foi rexistrado preto do cumio moi activo dos meteoros das xemínidas do 13 de decembro. Foi xusto antes do histórico achegamento máximo ao planeta Terra por parte de 3200 Phaethon do 16 de decembro.