Os meteoros das xemínidas sobre o observatorio Xinglong

GemindsXinglong_Steed_960Créditos da imaxe e copyright: Steed Yu e NightChina.net
Explicación: desde onde veñen os meteoros das xemínidas? En termos de localización no ceo, tal e como se amosa na imaxe fermosamente composta de arriba, os anaquiños de rocha do tamaño de grans que crean as raias da chuvia de meteoros das xemínidas semellan fluír desde a constelación dos Xemelgos. En termos do proxenitor, as traxectorias no Sistema Solar apuntan ao asteroide 3200 Phaethon; pero isto vén a ser algo misterioso xa que ese estraño obxecto semella estar bastante inactivo. Quizais 3200 Phaethon sofre maior número de eventos que liberan po dos que coñecemos, pero aínda aí, o que ocorre exactamente e por que fica a ser un enigma. Chegando ao máximo a semana pasada, capturáronse uns 50 meteoros que inclúen un brillante bólido sucando por riba do observatorio Xinglong en China. Como as xemínidas de decembro son unha das chuvias de meteoros máis activas e predicibles, probablemente continúen as investigacións dos detalles da súa orixe.