
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, University of ArizonaExplicación: a galaxia espiral barrada M95 ten uns 75.000 anos luz de diámetro, un tamaño comparable ao da nosa propia Vía Láctea e unha das galaxias meirandes do
grupo de galaxias Leo I. De feito, forma parte dun non tan famoso
trío de galaxias de Leo coas súas veciñas M96 e M105, a uns 38 millóns de anos luz de distancia. Neste
retrato cósmico definido e cheo de cor, un anel brillante e compacto de formación estelar arrodea o
núcleo da galaxia. Rodeando a destacada barra amarelada están os brazos espirais enrolados e apertados, trazados por corredores de po, cúmulos de estrelas novas e azuis e reveladoras rexións rosadas de formación estelar. Como recompensa,
segue ao longo do brazo espiral desenrolándote cara abaixo e á dereita, pronto atoparás a última supernova de M95
SN 2012aw, descuberta o 16 de marzo e agora identificada coma a explosión dunha
estrela masiva. Un bo obxectivo para telescopios pequenos, a supernova destaca
nesta película de vídeo (vimeo) comparando a imaxe recente cunha imaxe de ceo profundo de M95 sen a supernova, tirada en 2009.
Texto orixinal no APOD.