M33: a galaxia do Triángulo

m33rifastibenintende1024Créditos da imaxe e copyright: Giovanni Benintende
Explicación: a pequena e setentrional constelación Triángulo alberga esta magnífica galaxia espiral frontal, M33. Os seus nomes populares inclúen a galaxia Tarabela ou precisamente a galaxia Triángulo. M33 ten uns 50.000 anos luz de diámetro, a terceira máis grande do Grupo Local de galaxias trala galaxia Andrómeda (M31) e a nosa propia Vía Láctea. A uns 3 millóns de anos luz desde a Vía Láctea, cóidase que a propia M33 é satélite da galaxia Andrómeda e os astrónomos destas dúas galaxias probablemente terían unha vistas espectaculares de cada un dos outros grandes sistemas estelares espirais. Ao igual que a vista desde o planeta Terra, esta definida imaxe composta fachendea sobradamente dos cúmulos estelares azuis e as rexións de formación estelar rosadas ao longo dos brazos espirais, ligados frouxamente. De feito, a cavernosa NGC 604 é a rexión de formación estelar máis brillante, ollada aquí máis ou menos na posición da 1 en punto desde o centro da galaxia. Coma en M31, a poboación de estrelas variables de M33 ben medidas axudaron a facer desta espiral próxima unha regla cósmica para o establecemento da escala de distancias do Universo.