Prometeo e o anel F

PIA17207prometheus1020
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explanation: no mito grego, Prometeo era un Titán, coñecido oor traer o fogo desde o monte Olimpo. Pero na época moderna o nome dáselle a unha pequena lúa de Saturno, que orbita xusto por dentro do anel F. Nunha interacción complexa, a diminuta lúa con forma de pataca interactúa coas partículas xeadas do anel, creando estruturas ao longo do anel F que aínda non se comprenden de todo. Resultando nunha das imaxes de maior resolución de Prometeo, esta imaxe da súa superficie chea de buratos, mentres posa co delgado anel F ao fondo, foi tomada durante o achegamento da nave espacial Cassini o 6 de decembro de 2015. Prometeo ten uns 80 quilómetros de diámetro.