IC 59 e IC 63 en Casiopea

Créditos da imaxe e copyrightKen Crawford (Rancho Del Sol Obs.)

Explicación: estes reberetes brillantes e formas flotantes suxiren a algún xeado fundido a escala cósmica. Ao ollar cara a constelación de Casiopea, a  paisaxe (ampliable) colorida amosa as nubes IC 59 (esquerda) e IC 63 con forma de cometa coa cola para atrás. A uns 600 anos luz de distancia, as nubes non están realmente fundidas, pero están a disiparse lentamente baixo a influencia da radiación ultravioleta ionizante proveniente da estrela luminosa e quente gamma Cass. Gamma Cass está fisicamente ubicada a só 3-4 anos luz das nebulosas, xusto por fora do bordo superior dereito do fotograma. De feito, lixeiramente máis preto a gamma Cass, en IC 63 predomina a luz H-alfa vermella emitida emitida polos ións de Hidróxeno cando volven a captar ó seu electrón. Máis lonxe da estrela, IC 59 amosar en proporción menos emisión H-alfa pero máis da tinguidura azul característica da luz estelar reflectida polo po. O campo de visión esténdese sobre 1 grao ou 10 anos luz á distancia estimada de gamma Cass e amigos.

Texto orixinal no APOD.