Créditos da imaxe e copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Obs.)Explicación: a magnífica galaxia espiral
NGC 4565 óllase de canto desde o planeta Terra. Tamén denominada
Galaxia Agulla polo seu perfil estreito, a brillante NGC 4565 é unha parada de moitos paseos telescópicos do ceo setentrional, na tenue pero ben peiteada constelación de
Coma Berenices. Esta imaxe definida e chea de cor desvela o avultado núcleo central cortado por
corredores escuros de po que amaollan o plano galáctico de NGC 4565.
O fermoso campo de visión inclúe unha colección doutras galaxias no fondo, coa veciña galaxia NGC 4562 na parte superior esquerda. A propia NGC 4565 atópase a uns 40 millóns de
anos luz de distancia e abarca uns 100.000 anos luz. Facilmente enxergada con telescopios pequenos, os
entusiastas do ceo consideran que NGC 4565 é unha peza mestra destacada do ceo que
perdeu Messier.
Texto orixinal no APOD.