Europa: descobre a vida baixo o xeo

europa1024cCréditos da ilustración do póster: NASA, JPL, Visions of the Future
Explicación: andas á procura dun destino vacacional interplanetario? Pensa en visitar Europa, unha das lúas máis sedutoras do Sistema Solar. Europa, cuberta de xeo, segue unha ruta elíptica na súa órbita de 85 horas ao redor de Xúpiter, o noso dominante e xigante gasoso. A calor creada polas potentes forzas de marea da gravidade de Xúpiter mantén líquido todo o ano ao océano salgado por baixo da superficie de Europa. Iso tamén implica que incluso na ausencia de luz solar, Europa ten enerxía que podería abondar para manter formas sinxelas de vida. Por desgraza, actualmente non é posible facer reservas en restaurantes de Europa, onde poderías gozar dun plato de gambas locais extremas. Pero sempre poderás escoller outro destino das Visións do Futuro.