Marte: sombra en Point Lake

pointlake_curiosity_960Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSSMastcam

Explicación: que pasaría se vises a túa sombra sobre Marte e non fose humana? Entón poderías ser o todoterreo robótico Curiosity que na actualidade anda a explorar Marte. O Curiosity aterrou no Cráter Gale o pasado agosto e estivo atarefado na procura de evidencias de auga corrente na antigüidade e pistas de que Marte puidera unha vez ter albergado vida. Na fotografía superior, o Curiosity realizou unha ampla panorámica que inclúe a súa propia sombra na dirección oposta ao Sol. A fotografía tirouna en novembro desde un lugar alcumado Point Lake, aínda que agora non existe auga aí. O Curiosity xa descubriu varias indicacións de leitos secos en Marte e está programado que continúe a súa exploración ascendendo ao achegado Monte Sharp durante os vindeiros anos.

Texto orixinal no APOD.