Cruzar o desfiladeiro Dingo en Marte

Atravesar o desfiladeiro Dingo  Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS; procesado dixital: Damia Bouic
Explicación: vén de cruzarse un fito importante en Marte. O todoterreo Curiosity, que aterrou a mediados de 2012, está a buscar indicios de se puido existir vida algunha vez no planeta vermello. Os achádegos recentes do Curiosity inclúen evidencias dun lago de auga fresca, antigo (pero xa seco) e a falta de detección do biomarcador metano na atmosfera marciana. Para continuar a súa investigación, o todoterreo do tamaño dun coche está nunha expedición rodante cara o Monte Sharp, o cumio central do gran cráter no que aterrou. A vida podería ter amosado preferencias pola auga que unha vez choveu pola montaña marciana. Hai dúas semanas, para evitar máis perigos e o terreo rochoso, o Curiosity foi dirixido a rodar ao través dunha duna de area dun metro de altura que bloqueba a entrada habitual ao Monte Sharp. Xusto despois de que a corta viaxe sobre o desfiladeiro Dingo fose exitosa, o todoterreo robótico tirou a imaxe superior que amosa o outeiro de area, agora atravesado, cuberto cas marcas das súas rodas.

Organiza o teu Universo: calendario APOD 2014 de balde en formato PDF