Unha aurora espiral sobre Islandia

AuroraIceland_Necchi_960Créditos da imaxe e copyright: Davide Necchi
Explicación: que está a pasar no ceo? A aurora! Esta aurora, capturada a finais do mes pasado, destacou para os islandeses polo seu gran brillo e rápido desenvolvemento. A aurora resultou dunha tormenta solar, con partículas de enerxía elevada fuxindo desde o Sol e atravesando unha fenda na protectora magnetosfera da Terra uns poucos días despois. Aínda que se pode albiscar un deseño esprial, a creatividade humana pode imaxinar o complexo brillo coma unha aparición atmosférica de calquera número de iconas habituais. No primeiro plano da imaxe publicada está o río Ölfusá, mentres as luces alumean unha ponde da cidade de Selfoss. Xusto por riba das nubes baixas está unha Lúa case chea. A animación do Sol, e as auroras que resultan sobre a Terra, está a diminuír paseniñamente mentres o Sol emerxe dun máximo solar de actividade superficial e evoluciona cara un periodo historicamente máis quedo no seu ciclo de 11 anos. De feito, os astrónomos solares está a agardar para ollar se o vindeiro mínimo solar será tan estrañamente quedo coma o anterior, onde ás veces algúns meses pasaban sen manchas solares distinguibles ou outros fenómenos solares activos.