Un diaño de po sobre Marte

Un diaño de po sobre MarteCréditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA
Explicación: era xa a finais da primavera marciana do hemisferio norte cando a cámara HiRISE a bordo do Mars Reconnaissance Orbiter espiou a este cidadán local. Detectado en Amazonis Planitia en 2012, plana e chea de po, o núcleo deste diaño de po xiratorio é duns 140 metros de diámetro. O seu penacho, guindando po ao interior da fina atmosfera marciana, chega a uns 20 quilómetros por riba da superficie. Os diaños de po, comúns nesta rexión de Marte, ocorren cando a superficie é quecida polo Sol, xerándose correntes de aire morna que se erguen e comezan a rotar. Os ventos tanxentes acadan velocidades de ata 110 quilómetros por hora como se informou noutras imaxes da HiRISE de diaños de po.