A pegada do transbordador deixando a súa órbita


 

Créditos da imaxe: ISS Expedition 28 Crew, STS-135 Mission, NASA

Explicación: Que é esa estraña liña brillante? É a derradeira imaxe da lanzadeira espacial deixando a súa órbita. Hai semana e media, tras desacoplarse da Estación Espacial Internacional, a lanzadeira espacial Atlantis acendeu os seus cohetes por derradeira vez, perdendo a súa velocidade orbital, e mergullouse de volta á Terra. Na seguinte hora a sofisticada máquina espacial despregou o seu tren de aterraxe e fixo o que adoitaba non ter precedentes; aterrar como un avión nunha pista. Aínda que futuro do voo humano dende os Estados Unidos entrará nunha pausa temporal, moitas naves robóticas continúan a explorar o noso Sistema Solar e a esculcar o universo, como por exemplo Cassini, Chandra, Chang’e 2, Dawn, Fermi, Hubble, Kepler, LRO, Mars Express, Messenger, MRO, New Horizons, Opportunity, Planck, Rosetta, SDO, SOHO, Spitzer, STEREO, Swift, Venus-Express, e WISE.

Texto orixinal no APOD.