Columna de fume de lanzadeira apuntando á Lúa

Créditos da imaxe: Pat McCracken, NASA

Explicación: por que a sombra da columna de fume da lanzadeira espacial apunta á Lúa? A principios de 2001, durante o lanzamento do Atlantis, o Sol, a Terra, a Lúa e o foguete aliñáronse todos de xeito adecuado para esta fotoxénica coincidencia. En primeiro lugar, para que a columna de fume da lanzadeira espacial proxecte unha longa sombra a hora do día debe estar preto da alborada ou o solpor. Soamente así a sombra pode ser grande abondo para extenderse cara o horizonte. Finalmente, durante a Lúa chea, a Sol e a Lúa atópanse en puntos opostos do ceo. Xusto antes do solpor, por exemplo, o Sol atópase un chisco por debaixo do horizonte, e, na outra dirección, a Lúa está lixeiramente por enriba do horizonte. Polo tanto, como o Atlantis despegou xusto despois do solpor, a súa sombra proxectouse dende o Sol cara o horizonte oposto, onde se atopaba a Lúa chea.

Texto orixinal no APOD.