Créditos do vídeo e copyright: Jean-Luc Dauvergne (Ciel et Espace); Música: Valère Leroy e Sophie Huet (Space-Music)Explicación: se a lúa chea esmorecese de súpeto, que verías? A resposta foi gravada durante a
eclipse total lunar de 2011 nun emocionante
vídeo secuencia desde
Taxiquistán. Durante unha
eclipse total lunar a Terra móvese entre a Lúa e o Sol, facendo que a lúa se atenúe radicalmente. Aínda que a
Lúa non chega a escurecer por completo nunca, xa que a atmosfera da Terra
refracta algo de luz. Cando comeza o
vídeo superior a escena pode parecer que é de día alumeada polo sol, pero realmente é de noite e está alumeada polo brillo da Lúa chea. Cando a
Lúa se eclipsa e atenúa, o vento diminúe e as estrelas do fondo poden reflectirse no lago do primeiro plano. Aínda máis espectacular, o
ceo que arrodea á lúa eclipsada semella estar de súpeto
cheo de estrelas e saliéntase polo plano ateigado da nosa
galaxia Vía Láctea. A secuencia repítese cun primeiro plano, e a imaxe final amosa o lugar da Lúa eclipsada preto das nebulosas da
Águia, o
Cisne, a
Trífida maila
Lagoa. Case dúas horas desposi de que a eclipse comezara, a lúa emerxe desde a sombra da Terra e o seu
fulgor completo domina de novo o ceo. Este venres haberá outra
eclipse lunar total; pero esta será durante unha
estraña súper-lúa azul.
Xa está aquí a xira anual de charlas do APOD, con charlas de astronomía por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.