Marte de volta

Créditos da imaxe e copyright: Tunc Tezel (TWAN)
Explicación: esta composición de imaxes espaciadas entre si de 5 a 9 días, desde finais de abril (abaixo á dereita) ata o 5 de novembro (arriba á esquerda), segue o movemento retrógrafo do avermellado Marte polo ceo nocturno do planeta Terra. Para conectar os puntos e datas deste bucle retrógrafo de Marte no 2018, esvara o teu cursor sobre a imaxe (e comproba esta animación). Pero realmente Marte non cambia de dirección na súa órbita. En realidade, o movemento aparente de retroceso con respecto ao fondo de estrelas é un reflexo do propio movemento da Terra. O movemento retrógrafo pode ollarse cada vez que a Terra supera e deixa atrás aos planetas que orbitan máis afastados do Sol, a Terra móvese máis axiña na súa órbita relativamente máis achegada. O 27 de xullo, Marte estaba preto da súa oposición perihélica de 2018, cando Marte estaba máis preto ao Sol na súa órbita mentres tamén estaba en oposición ao Sol no ceo da Terra. Daquela, a imaxe usada nesta composición tirouse durante a eclipse lunar total.