Nubes, paxaros, Lúa e Venus

Isaac Gutiérrez Pascual ©2010

Créditos da imaxe e copyright: Isaac Gutiérrez Pascual (Spain)

Explicación: ás veces o ceo pode converterse en todo un espectáculo. A principios de setembro de 2010, por exemplo, a Lúa e Venus converxeron, creando todo un espectáculo por si mesmo para os entusiastas do ceo de todo o mundo. Dende algunhas localizacións, sen embargo, o ceo era ainda máis pintoresco. Na imaxe de enriba, tirada a semana pasada dende España, unha Lúa crecente e o planeta Venus, na remota dereita, foron capturados ambos os dous durante un solpor, contra un ceo azul profundo. No primeiro plano unha escuras nubes de treboada cérnense na parte inferior mentres que, por enriba, hay unha nube en forma de bigornia de cor branco. Unhas pequenas manchas negras salpican a imaxe, causadas por unha bandada de paxaros sorprendidos voando. Pouco despois de tirar a fotografía os paxaros pasaron, a tormenta rematou e Venus e a Lúa desapareceron. O brillante Venus volta a ser visible xusto despois do solpor neste maio do 2013 e ao final de mes aparecerá preto de Xúpiter.

Texto orixinal no APOD.