Eclipse parcial de Sol con aeroplano

eclipseplane_phillip_2541

Créditos da imaxe e copyright: Phillip C.

Explicación: soamente pasaran oito minutos dende a saída do Sol a semana pasada e axiña había catro cousas fronte ao Sol. A máis grande e notable era a Lúa da Terra, ocultando boa parte do limbo solar ao moverse polo seu disco, tal e como se ollou dende Fremantle, Australia. Algo esperable, dado que a imaxe foi tomada durante unha eclipse solar parcial (unha eclipse que deixa pasar a luz do Sol ao redor de todas as caras da Lúa dende algúns lugares). Seguidamente, un grupo de nubes divide o Sol horizontalmente mentres mostra unha interesante estructura vertical interna. O terceiro corpo interposto podería ser a atmósfera terrestre, que atenúa o brillo do Sol nas súas altitudes maiores, mentres a fluctuación de densidades causa que os bordos do Sol semellen brillar. Se ben máis preto do fotógrafo, o obxecto que oculta o Sol de xeito máis inesperado é un aeroplano. É moi posible que os pasaxeiros de ambos os dous lados dese avión estiveran contemplando a inusual vista ao través das ventanas que ollan ao leste.

Texto orixinal no APOD.