O asteroide 2005 YY55 pasa pola terra

Cráditos da imaxe: Deep Space Network, JPL, NASA

Explicación: o asteroide 2005 YU55 pasou onte pola Terra sen representar ningún perigo. A rocha espacial, cun tamaño estimado de 400 metros, colouse entre a órbita da Terra e a Lúa. Se ben o paso de pequenas rochas preto da Terra non é moi inusual, de feito diariamente impactan coa Terra rochas pequenas, unha roca deste tamaño non pasaba pola Terra dende 1976. Se YU55 impactara, podería ter causado un terremoto de magnitude sete e deixado un cráter do tamaño dunha cidade. Un perigo maior sería se YU55 golpeara o océano, onde provocaría un enorme tsunami. A imaxe de radar de enriba foi tomada dous días atrás polo radiotelescopio da Deep Space Network [Rede do Espazo Profundo] en Goldstone, California, EEUU. YU55 non foi descuberto ata 2005, o que significa que outros asteroides potencialmente perigosos actualmente non detectados poderían axexar no noso Sistema Solar. Os obxectos como YU55 son difíciles de detectar porque son apenas visibles e móvense demasiado rápido. En todo caso, a habilidade dos humanos para escanear o espazo, detectando, catalogando e analizando este tipo de obxectos incrementouse notablemente en anos recentes.

Texto orixinal no APOD.