Tractor gravitacional

Créditos da ilustración e copyright: Dan Durda (FIAAA, B612 Foundation)

Explicación: cómo cambiarías o curso dun asteroide perigoso para a Terra? Unha idea, unha enorme nave espacial que emprega a gravidade como cun cable de remolcado, aparece ilustrado nesta espectacular visión dun artista do tractor gravitacional en acción. No hipotético escenario elaborado en 2005 por Edward Lu e Stanley Love no Johnson Space Center da NASA, unha nave eléctrico-atómica de 20 toneladas tira dun asteroide de 200 metros de diámetro simplemente flotando ao seu carón. Os propulsores de ións da nave espacial inclínanse alonxándose da superficie. O empuxe constante podería alterar gradualmente e de xeito predecible o curso do remorcador e do asteroide, emparellados pola súa mutua atracción gravitacional. Se ben soa a cousa de ciencia ficción, os motores de ións moven actualmente naves espaciais e un tractor gravitacional funcionaría con independencia da estructura ou as propiedades da superficie do asteroide.

Texto orixinal no APOD.