Apollo 17: unha visión en estéreo desde a órbita lunar

Créditos da imaxe: Gene CernanApollo 17NASA; Anaglifo de Patrick Vantuyne
Explicación: consegue os teus lentes vermellos/azuis e fíxate nesta abraiante vista en estéreo doutro mundo. A escena gravouna o comandante da misión Apollo 17 Eugene Cernan o 11 de decembro de 1972, unha órbita antes de descender para aterrar na Lúa. O anaglifo en estéreo foi montado a partires de dúas fotografías (AS17-147-22465, AS17-147-22466) captadas desde o seu miradoiro do Módulo Lunar Challenger mentres el mailo Dr. Harrison Schmitt sobrevoaban o lugar de aterraxe do Apollo 17 no Val Taurus-Littrow Valley. A ampla e soleada faciana da montaña denominada South Massif érguese preto do centro do fotograma, por riba do solo escuro de Taurus-Littrow á súa esquerda. Máis alá das montañas, cara o limbo lunar, está o Mare Serenitatis da Lúa. O Módulo de Mando America, pilotado por Ron Evans, é visible en órbita no primeiro plano contra o cumio de South Massif.

Texto orixinal no APOD.