Po estelar en Aries


Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: esta composición de po estelar cobre uns 8 graos do ceo setentrional. O mosaico está ao oeste do familiar cúmulo estelar das Pléiades, cara a constelación zodiacal Aries e o plano da nosa galaxia Vía Láctea. Á dereita da fonda paisaxe celeste está a azulada Epsilon Arietis, unha estrela visible a simple vista e a uns 330 anos luz de distancia. Reflectindo a luz estelar da rexión, as nebulosas poeirentas LBN762, LBN753, e LBN743 estrícanse de esquerda a dereita ao través do campo, pero está probablemente a uns 1.000 anos luz de distancia. A esa distancia estimada, o lenzo cósmico ten uns 140 anos luz de diámetro. Preto do bordo dunha gran nube molecular, os seus escuros interiores poden agochar as estrelas recén nadas e obxectos estelares novos ou protoestrelas dos osmóns telescopios ópticos. Colapsadas pola propia gravidade, as protoestrelas fórmanse ao redor dos núcleos densos incrustados na nube molecular.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?