Créditos da imaxe: NASA, Solar Dynamics ObservatoryExplicación: miasmas de plasma incandescente do noso sistema solar, o Sol pode parecer un pouco arrepiante aquí. A imaxe é unha composición de 25 fotografías
gravadas en luz do ultravioleta extremo polo
Solar Dynamics Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) en órbita entre o 16 de abril de 2012 e o 15 de abril de 2013. A particular lonxitude de onda da luz, 171 angstroms, amosa a emisión dos átomos de ferro altamente ionizados da coroa solar a unhas temperaturas típicas duns 600.000
kelvins (aproximadamente 1 millón de graos C). As rexións solares activas, que cinguen
ambos lados do ecuador durante o achegamento ao máximo no seu
ciclo solar de 11 anos, están amalloadas con bucles e arcos brillantes ao longo das
liñas de campo magnético. Por suposto, unha imaxe en
luz visible, máis familiar, amosa as brillantes rexións activas coma grupos de
dmanchas solares escuras.
Neste curto vídeo aparecen comprimidas tres anos de fotografías do
Solar Dynamics Observatory.
Texto orixinal no APOD.