50.000 quilómetros sobre o Sol

filaprom_lawrence_960Créditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence
Explicación: que está a acontecer no bordo do Sol? Aínda que pode semellar un monstro enrabechado, o que está fotografado realmente é só unha prominencia monstro; unha vaíña delgada de gas mantida sobre a superficie polo campo magnético do Sol. O evento solar foi captado xusto esta fin de semana pasada cun telescopio pequeno, coa imaxe resultante invertida e en cores falsas. Como se indica coas liñas informativas, a prominencia érguese uns 50.000 quilómetros sobre a superficie solar, facendo que incluso os 12.700 quilómetros de diámetro da nosa Terra semelle pouco en comparación. Por baixo da prominencia monstruosa está a rexión activa 12585, mentres que os filamentos de cores claras poden ollarse penduradas sobre unha alfombra solar fluída de fibrilas. Realmente os filamentos son prominencias que se ollan contra o disco do Sol mentres que as fibrilas son en realidade espículas olladas contra o disco. Os eventos enerxéticos coma este están a facerse menos comúns mentres o Sol evolúe cara un mínimo no seu ciclo de actividade de 11 anos.

Descarga de balde: calendario APOD 2017: imaxes da NASA